Denuncian falta de luz e mal estado das beirarrúas en Campolongo: "pones mal el bastón y te vas al suelo"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
Os veciños do barrio de Campolongo levan "por lo menos tres años" sufrindo a falta de luz e o mal estado das rúas e denuncian o abandono en que se atopa a zona, sobre todo nos arredores da Igrexa de San José.
Charo, unha das veciñas afectadas, explicou a PontevedraViva que é unha situación que están a vivir desde que comezaron as obras do polideportivo, cando os camións que levaban o material para construílo "arrasaron con las farolas y dejaron todo lleno de agujeros. Desde que hicieron las piscinas nuevas, los camiones que vinieron a traer las cosas nos dejaron sin luz en las farolas. A una le rompieron la pantalla y las otras dos están apagadas, no encienden desde hace tres años", relata.
A iso hai que sumarlle o mal estado da rúa, o que supón un perigo para a xente, sobre todo para os máis maiores e que teñen dificultades para camiñar. "Por detrás de la iglesia están las baldosas rotas y otras levantadas y, por delante, los camiones dejaron todo lleno de agujeros. Además, el suelo tiene piedras, por lo que pones mal un pie o el bastón y te vas al suelo", aseguran os veciños.
Conscientes de que é un problema que agora no verán "non se aprecia demasiado", a veciñanza do barrio de Camplongo considera que "con el cambio de hora se agravará", xa que é algo que levan vivindo varios invernos. "Dentro de nada a las 7 es de noche y la gente tiene que recurrir a los móviles para alumbrar por dónde caminan". Aínda que cando o ximnasio está aberto "las luces de dentro alumbran algo, cuando está cerrado no se ve nada" e aumenta a sensación de inseguridade dos que camiñan pola contorna.
Pero os problemas non terminan aí. O barrio de Campolongo, un dos máis transitados de Pontevedra atópase nun "estado desastroso", manifestan indignados. "Hay un quiosco que está abandonado al lado de la parada de autobús de la Plaza de Galicia, cuando permanecía abierto estaba todo bien, pero ahora se encuentra lleno de papeles y de porquería" e, ademais, diante da sede do Colexio Oficial de Dentistas "hay un bache enorme que lleva desde que hicieron la acera, hace unos cuatro o cinco años y claro, cuando llueve se encharca y hay que bordearlo".
Trátase dunha serie de problemas que provocan medo e inseguridade ás persoas que van por aí pero, sobre todo, "es un peligro para la gente mayor y tenemos que ir con muchísimo cuidado cada vez que vamos por esas zonas".
Relacionadas:
-
Veciños de Campolongo reclaman o arranxo urxente das pistas deportivas
Por María José Pita |
-
O concelleiro de Obras Urbanas destaca que "o nivel de esixencia que temos os veciños de Pontevedra é moi elevado"
Por Oskar Viéitez |
-
O ximnasio de Campolongo reabre as súas portas o 22 de xuño
Por Redacción |
-
Unha inundación obriga a pechar o ximnasio de Campolongo e indigna os usuarios por falta de información
Por Redacción & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
As piscinas de Campolongo abrirán ao público este venres 1 de novembro
Por Oskar Viéitez |
-
O ruído das obras do complexo deportivo de Campolongo enfada aos veciños
Por Manu Otero |