40.000 euros para humanizar o Camiño do Convento en Cuntis

Por Redacción
A Deputación de Pontevedra concedeu unha dotación de 40.000 euros, a través do Plan Concellos, para que se aborde a rehabilitación integral do denominado Camiño do Convento, unha vía que conecta a aldea de Trasponte coa Rúa do Convento.
A intención do goberno local que lidera o alcalde Manuel Campos é humanizar este tramo do camiño, que vai desde a estrada PO-220 á entrada ao Convento, é mellorar a actual pavimentación moi deteriorada cunha nova capa composta de formigón e granito de pedra.
Trátase dun tramo moi utilizado pola veciñanza e, debido ao paso do tempo, foise deteriorando, comenta o rexedor. O proxecto se centrará na mellora deste acceso a un ben patrimonial importante como é o Convento, mellorando a seguridade viaria e a comodidade.
Entre as melloras instalarase unha nova iluminación neste acceso, que xa conta coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.