Os influencers rurais deixan pegada en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Punto e final ao campo de voluntariado 'Rural Influencers' celebrado no Concello de Cerdedo-Cotobade. Organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, contou cunha ducia de mozos e mozas procedentes de varias partes de Galicia e do resto de España.
As actividades realizadas polos participantes foron de dinamización artística e cultural coa veciñanza maior desenvolvendo intervencións de animación (obradoiros e performances) e a creación dun traballo multimedia audiovisual a través dunha exposición de fotografías e dinamización de redes socais a partir da recollida de información etnográfica.
O obxectivo foi tamén colaborar na posta en valor, a través do coñecemento popular, do patrimonio ambiental, cultural e social de zonas vencelladas ao Camiño pola Vía Mariana Luso Galaica.
Ademais, como actividades complementarias, os participantes fixeron rutas en kaiak, paddlesurf, visita á Illa de Arousa, Santiago de Compostela e varias saídas culturais.
O alcalde en funcións do municipio, Fernando Vázquez, salientou durante a gala de clausura "a importancia do coñecemento que atesouran os nosos maiores como parte da nosa idiosincrasia, os verdadeiros influencers do mundo rural galego".
Relacionadas:
-
RADIO.- A exitosa tiktoker IreniusX debuta no mercado editorial con 'Poción de autoamor'
Por Redacción |
-
Sinalizarán o percorrido da Vía Mariana por Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Xente moza e novas tecnoloxías, un cóctel para revitalizar o rural galego
Por Redacción |
-
A provincia acollerá 20 campamentos e campos de voluntariado da Campaña Xuvenil de Verán 2021 da Xunta
Por Redacción |