Un veciño de 46 anos, detido cando vendía papelinas de droga preto do Vao de Arriba
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio detiñan na mañá deste martes a un home, veciño de Poio, de 46 anos de idade, que era sorprendido "in fraganti" durante a venda de dúas papelinas de droga en plena rúa, nas proximidades do Vao de Arriba.
Segundo informan desde a Policía Local, un axente que, neses momentos, atopábase libre de servizo comprobou como o detido vendía ás 09.40 horas dúas dose de cocaína a outra persoa.
A substancia era incautada ao comprador que foi interceptado por unha patrulla da Policía Local de Poio na rúa Antelo e Mariño. A droga adquiríraa por unha cantidade de 100 euros. O comprador foi proposto para sanción pola tenencia de substancias prohibidas.
Pola súa banda, o detido era xa un coñecido dos axentes e contaba cun "modus operandi" determinado, concertaba cita telefónica cos clientes e trasladaba, a continuación, as doses ao momento acordado. Para transportarse utilizaba un ciclomotor para ofrecer unha maior discreción na repartición da droga.
O home xa conta con antecedentes, ao ser detido noutras ocasións por feitos delituosos similares. Este mércores pasaba ao dispor do Xulgado de Garda de Pontevedra. Segundo a Policía Local de Poio, desde hai un ano logrouse conter a venda de droga nas inmediacións dos poboados do Vao, cun incremento da seguridade nos accesos a esta zona.
Relacionadas:
-
Detido un dos veciños que agrediu á Policía Local e a Garda Civil no Vao por un roubo en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Poio estuda como demoler unha estrutura abandonada que se usa para o trapicheo de droga no Vao
Por Redacción |
-
O poboado de O Vao pide a liberdade dos detidos por agredir á Policía Local e a Garda Civil
Por Redacción |
-
Os policías atacados no Vao foron vítimas dunha emboscada intencionada
Por Oskar Viéitez |
-
Dous policías locais feridos a pedradas ao ser atacados no poboado do Vao
Por Oskar Viéitez |