Unha muller de 68 anos falecida este martes en Montecelo é a vítima 198 da pandemia na área sanitaria
Por Redacción
O Hospital Montecelo sumaba unha vítima máis da pandemia nas últimas horas ao falecer unha paciente diagnosticada por coronavirus. Trátase dunha muller de 68 anos que contaba con outras enfermidades previas no seu informe clínico, segundo indican desde a Consellería de Sanidade.
Trátase do deceso número 198 desde que a xerencia da área sanitaria notifica as mortes por esta enfermidade. Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 xa se curaron 19.905 pacientes nesta zona médica de Pontevedra-O Salnés, 85 máis que na xornada do luns 23 de agosto. Os anteriores falecementos en Montecelo de persoas con coronavirus producíronse o domingo ao perder a vida unha muller de 91 anos e un home de 92.
A Consellería de Sanidade notificaba este martes a morte doutras tres persoas infectadas en Galicia: un home de 85 anos, no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, na Coruña; unha muller de 93 anos, que morría na Residencia García Irmáns de Betanzos e outra muller de 89 anos, que perdía a vida no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Todos estes pacientes contaban con outras patoloxías nos seus expedientes médicos, segundo informan desde o Servizo Galego de Saúde. Con estas mortes, Galicia alcanza a cifra de 2.550 persoas falecidas desde o inicio da pandemia.
Este martes, o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña insistía na importancia de evitar a transmisión do virus a través das medidas de distanciamento e hixiene, debido a que a vacina non inmuniza ao 100% e, polo tanto, non evita que se poida transmitir a enfermidade nin que se poida desenvolver de maneira grave.
Relacionadas:
-
Unha paciente de 84 anos eleva a cinco as mortes con covid en Montecelo desde o sábado
Por Redacción |
-
Estabilidade nos hospitais da área sanitaria, que ten 18 pacientes ingresados e suma 22 novos positivos nun día
Por Natalia Puga |
-
Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, únicos concellos en nivel alto a partir do sábado na área
Por Redacción |
-
A quinta onda remite na área sanitaria, que suma 24 novos positivos e ten 18 pacientes no hospital
Por Natalia Puga |
-
Dúas novas mortes con coronavirus de pacientes con máis de 90 anos na área sanitaria
Por Redacción |