O Concello de Poio prevé cancelar as súas contas en Abanca e informará para que se faga extensiva no municipio
Por Redacción
O peche de sucursais bancarias de Abanca en pequenos núcleos segue motivando reaccións por parte das administracións locais afectadas. No caso do Concello de Poio, a primeira das accións terá lugar a próxima semana. O goberno local leva unha moción na que se deixa constancia do seu rexeitamento ao peche da oficina bancaria en Campelo e avoga, non só polo seu mantemento senón polo aumento dos servizos á cidadanía.
A Xunta de Portavoces celebrada este venres avanzou ademais outras accións como é a retirada dos fondos e a cancelación das contas que o Concello ten con Abanca. De igual forma iniciarase unha campaña informativa entre as asociacións de Poio para que esa mesma medida "se faga de forma conxunta".
Tamén contactarán con outras entidades bancarias para que se preste este servizo que agora periga en Campelo. Solicitarán á FEGAMP unha reunión cos concellos afectados por esta mesma decisión e trasladarán á Xunta, Parlamento galego e Abanca a oposición deste Concello ao peche da sucursal.
Finalmente, advirten que están dispostos a emprender as accións de protesta que sexan necesarias para frear a desaparición desta oficina bancaria en setembro.
Relacionadas:
-
Mobilización en Campelo o 3 de setembro contra o peche da sucursal de Abanca
Por Redacción |
-
Moción conxunta da Corporación de Poio para tentar frear o peche de Abanca en Campelo
Por Redacción |
-
Poio esixirá a Abanca manter a oficina de Campelo e instalar un caixeiro en Raxó
Por Redacción |
-
"Vai realizar a Xunta algunha xestión para evitar o peche de Abanca en Campelo?", pregunta o PSOE
Por Redacción |
-
Reclamación do BNG á Xunta para que presione sobre Abanca e evite o peche de oficinas
Por Redacción |
-
Feijóo e Carmela Silva piden responsabilidades polo peche de sucursais bancarias no rural
Por Oskar Viéitez |
-
Preparan actos de protesta contra o peche da oficina de Abanca en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Peche definitivo da oficina de Abanca en Seixo con protesta dos comerciantes
Por Redacción |
-
Masiva protesta en Carballedo polo peche da sucursal de Abanca
Por Redacción |