Uns bañistas localizan varios ósos na praia de Portomaior
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Garda Civil desprazouse este luns ata a localidade de Bueu a raíz do achado dunha serie de restos óseos na praia de Portomaior.
Os restos foron analizados por un médico forense, que puido determinar que se trata de restos dun animal, segundo confirmaron fontes oficiais.
Segundo puido confirmar PontevedraViva, os ósos localizáronos un grupo de nenos que se atopaban na praia e inmediatamente deron aviso do ocorrido á súa familia, que alertou aos servizos de emerxencias.
Fontes da Garda Civil confirmaron que os ósos apareceron sobre as 19.30 horas deste luns e, por mor do seu achado, realizáronse xestións para pescudar a orixe dos restos, que finalmente resultou ser animal.
Testemuñas presenciais relataron que unha patrulla da Garda Civil trasladouse ata o areal e retirou varios restos. Estes mesmas testemuñas indicaron que entre a area había polo menos restos que parecían unha columna e varisa vértebras.
O achado e o despregamento da Garda Civil xerou gran balbordo na tarde deste luns nesta praia de Bueu.
Chama a atención o feito de que na praia de Portomaior xa foran localizados restos óseos humanos fai sete anos, en febreiro de 2014.
Relacionadas:
-
A Garda Civil busca con xeorradar restos humanos na praia de Portomaior
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Suspenden a busca de máis ósos en Portomaior (Bueu) e envían os localizados a Verín
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Atopan ósos humanos na praia de Portomaior
Por Mónica Patxot & Natalia Puga | Creada e actualizada