
© Consellería de Sanidade
Baixan os casos activos e a presión hospitalaria na área sanitaria

Por Redacción
28 pacientes, dous menos que o domingo, diagnosticados con coronavirus permanecen en planta de hospitalización na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés. 24 mantéñense no Hospital Montecelo, tres no Hospital do Salnés e un no QuirónSalud Miguel Domínguez. A esta cifra hai que sumar os oito pacientes, igual que o domingo, que permanecen na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
A semana comeza con 1.417 casos activos na área, 115 menos que onte. Desta cifra, 1.381 persoas evolucionan da súa enfermidade nas súas vivendas, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade. No municipio de Pontevedra permanecen 447 casos activos, 32 menos que na xornada de onte.
Na xornada do sábado producíase a morte dun home de 84 anos, que presentaba patoloxías previas, e que se converte na vítima 194 desde que se rexistran as mortes por covid-19 na área sanitaria. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 19.009 pacientes, 158 máis que na xornada do domingo.
Realizáronse 562 probas PCR nas últimas 24 horas, nas que se detectaron 44 novos positivos.
DATOS EN GALICIA
A Consellería de Sanidade recolle que este luns rexistráronse 566 novos positivos en Galicia. Son 88 contaxios diarios menos respecto a os notificados durante este domingo e 245 menos en relación ao luns da semana pasada.
O número de persoas hospitalizadas ascende a 337, 14 pacientes máis que o domingo. A presión hospitalaria tamén ascende nas Unidades de Coidados Críticos ao atoparse 63 persoas ingresadas, dúas máis que o 15 de agosto. O número de casos activos sitúase en 13.495 enfermos.
Por áreas, a situación de positivos é a seguinte na xornada deste luns 16: A Coruña-Cee: 4.331 (-85); Vigo: 3.294 (-85); Pontevedra-O Salnés: 1.417 (-115); Lugo: 1.361 (-114); Santiago-O Barbanza: 1.322 (-117); Ferrol: 938 (+20); e Ourense: 832 (-64).
O número de falecidos notificado nas últimas horas é de dúas persoas de idade avanzada e a cifra de falecementos en Galicia sitúase en 2.516 pacientes con covid-19.
Relacionadas:
-
Descenden os pacientes na UCI pero aumentan os ingresos nos hospitais da área por covid-19
Por Redacción |
-
Citados mozos de entre 16 e 29 anos para un cribado este xoves na Illa de Arousa
Por Redacción |
-
Un home de 84 anos, falecido en Montecelo, vítima 194 con covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
Notable descenso de casos de coronavirus durante a fin de semana na Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
Citan a 7.312 mozos de 29 a 16 anos para vacinarse a semana que ven na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |