Gonzalo Caballero di que o "fracaso" da Xunta na xestión sanitaria "amosa que temos un goberno de chapuza"
Por Oskar Viéitez
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este sábado Vilagarcía de Arousa xunto ao seu alcalde e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela e, dende alí, criticou o "fracaso" na xestión sanitaria da Xunta.
O líder do PSdeG censurou a "inacción, deixadez e incapacidade" do Goberno galego e citou como exemplo a saturación da Atención Primaria, o colapso da web de autocitas do Sergas, a rectificación polo conflito das vacinas e a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que "amosa que temos un goberno de chapuza".
O dirixente socialista sinala que "o goberno do PP non está a altura das circunstancias" e "meteu nun limbo á hostalaría"."A consellería de Sanidade está superada pola realidade e non sabe que facer", sentenciou.
Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía lamentou a "falla de diálogo e interlocución" por parte da Xunta cos concellos, xa que "somos nós o principal eixo de control de todas as medidas sanitarias".
Relacionadas:
-
Gonzalo Caballero rexeita "baronías e virreinatos" nun PSOE galego "no que decide a militancia"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O TSXG denega a petición da Xunta de pedir o certificado covid na hostalería
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta reducirá os aforos da hostalería a partir do martes se a Xustiza veta o certificado covid
Por Oskar Viéitez |
-
O TSXG suspende o uso do certificado COVID-19 na hostalería e o lecer nocturno
Por Oskar Viéitez |