O PSOE acusa a María Ramallo de defender antes ao seu partido que aos veciños
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do PSOE en Marín, Manuel Pazos acusou á alcaldesa María Ramallo de defender antes ao seu partido que aos veciños.
Pazos fai referencia ás concentracións veciñais levadas a cabo esta semana polos veciños de Seixo que reclaman contra a deterioración de servizos no seu centro de saúde e doutra banda o ANPA de Virxe do Carme loita por evitar a perda de profesorado e de calidade educativa no seu colexio.
Segundo o socialista, a alcaldesa "púxose de lado en ambos os casos e renuncia a dar a batalla en defensa dos veciños", no que entende que é "un comportamento máis propio dun alto cargo da Xunta que dunha alcaldesa á que os veciños lle piden axuda e que se pelexe polas súas reclamacións xustas e razoables".
Desde o PSOE esixen a María Ramallo "que non se poña de perfil ante os problemas que estamos a sufrir en Marín que para iso é a Alcaldesa e convidámola novamente a que some en lugar de restar".
Relacionadas:
-
A Plataforma de Seixo denuncia ante a Valedora do Pobo a vulneración do dereito á protección da saúde
Por Oskar Viéitez |
-
"Non aos recortes no Centro de Saúde de Seixo", berro reivindicativo na concentración ante o Concello
Por Redacción |
-
O BNG considera "insuficiente" a actuación do Concello de Marín na defensa da Escola Nosa Señora do Carme
Por Oskar Viéitez |