Marín rexistrou un 80% de novos visitantes
Por Redacción
A época estival está sentando ben ao Concello de Marín, que afiánzase coma un destino turístico de calidade cun 80% de novos visitantes. No mes de xullo fixeron uso dos servizos da Oficina de Turismo cerca de 450 persoas, das cales un 88% procedían doutras comunidades autónomas. Os galegos representan o 9% e os estranxeiros, o 3%.
Dentro do turismo nacional, as comunidades que máis visitaron la villa son Madrid, Castela e León e Andalucía, seguidas por Extremadura, País Vasco e Cataluña. En canto ao exterior, destacan Italia, Países Baixos e México.
O tipo de turista que adoita visitar a Oficina son persoas adultas. Un 40% de entre 35 e 60 anos, que a visitan tanto en parellas como con nenos. O seguinte grupo máis relevante é o dos maiores de 60 anos, cun 28%, que acuden en parellas atraídos polas temperaturas das Rías Baixas, a contorna e a gastronomía; mentres que na distribución por sexo contabilizaron 207 mulleres fronte a 213 homes.
Deses visitantes, o 95% foron turistas, é dicir, que polo menos se aloxaron unha noite na vila. As dúas opcións de aloxamentos máis comúns foron os hoteis, elixidos por un 37% dos enquisados e os apartamentos turísticos, cun 34%. As seguen as casas de familiares ou amigos e de xeito máis residual, a caravana e o turismo rural.
En canto ó tempo de estancia en Marín é de 7 a 15 días, escollendo como primeira opción motivadora o ocio, cun 79% e os eventos que ofrece a vila durante o verán, cun 9%.
Por último, o dato máis relevante extraído do informe elaborado pola Oficina de Turismo, é que o 80% dos enquisados non coñecían Marín. Segundo o Goberno local "isto é unha evidencia de que a nosa vila está a reforzarse coma un destino turístico de calidade, seguro, con grandes opcións de ocio e de cultura, que permite pasar unha tempada do ano agradable, con estancias medias e longas que redundan nunha importante inxección económica, beneficiando a todos os sectores, especialmente ao comercio e á hostalaría".