Aumentará a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias durante esta fin de semana
Por Redacción
As forzas de seguridade extremarán a vixilancia durante esta fin de semana en Galicia para evitar aglomeracións e incumprimentos nas normas de seguridade sanitarias. Os lugares nos que se centrarán, sobre todo, serán os lugares de ocio nocturno, a celebración de festas privadas e os botellóns, que están prohibidos.
Así o acordaron este venres nunha reunión telemática o vicepresidente primero da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e os mandos das policías locais das principais cidades galegas, así como responsables autonómicos da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica.
Desta forma, nun fin de semana no que haberá ponte e prevén moitos desprazamentos, as autoridades e mandos policiais vixiarán as zonas nas que está previsto que se concentre máis número de xente para que se sigan respectando as restricións ás que obriga a situación sanitaria pola covid-19.
Apelando á responsabilidade, Rueda recordou que non respectar as limitacións, conleva multas económicas e pediu "sentidiño" á poboación especialmente aos máis novos porque "independentemente de que estean ou non vacinados, as normas son para todos".
Así mesmo, os responsables autonómicos comentaros os escenarios que cambian esta fin de semana, xa que están a espera da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a obligatoriedade de o certificado covid para entrar nos locais de hostalería nos concellos con máis alta incidencia epidemiolóxica.
Finalmente, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lebrou que aínda estamos en pandemia e que hai que ser prudentes "incluso cando temos a máis do 70% da poboación inmunizada, o virus segue circulando e pode facer aínda moito dano".
Relacionadas:
-
O PP alerta dun aumento de botellóns e pelexas e urxe reforzar o control sobre o lecer nocturno
Por Redacción |
-
Un home de 84 anos, falecido en Montecelo, vítima 194 con covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
Aumentan os ingresos e os pacientes na UCI por covid na área sanitaria antes da fin de semana
Por Redacción | Creada e actualizada
-
García Comesaña advirte do perigo de contaxios ante a chegada dunha fin de semana de festas populares
Por Anxo Lourido |