Barro obtén unha achega de 265.000 euros para acometer melloras na seguridade peonil
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación este venres en Xunta de Goberno, de axudas por case un millón de euros para varios concellos, entre eles o de Barro que adicará os cartos a un proxecto de mellora da seguridade peonil.
"Os recursos da Deputación seguen a chegar a todos os recunchos da provincia", dixo.
Para o concello de Barro a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación por 265.200 euros da recuperación do espazo e mellora da mobilidade peonil na EP-0508 Curro-San Amaro, ao seu paso pola praza de San Amaro.
Os traballos, que se executarán durante seis meses, comprenden a creación dunha zona de convivencia que se dotará de mobiliario urbano moderno e de deseño con bancos de pedra, que tamén dignificará a capela de San Amaro.
Relacionadas:
-
A reforma converte á Praza de San Amaro nun espazo "para quedar"
Por Redacción |
-
O PP de Barro critica o "problema de seguridade dos escolares" con motivo das obras na Praza de San Amaro
Por Redacción |
-
Comezan as obras para recuperar a zona da Praza de San Amaro
Por Redacción |
-
Barro gañará unha praza na contorna da capela de San Amaro, en pleno Camiño de Santiago
Por Oskar Viéitez |