Fomento e Concello de Pontevedra axeitarán o Nó do Pino
Por Oskar Viéitez
Concluídas as obras do Nó do Pino e solucionado o problema viario existente neste punto do municipio capitalino, responsables do Ministerio de Fomento e do Concello de Pontevedra abordarán unha segunda fase deste convenio para axeitar todo este ámbito.
O asunto foi abordado na reunión celebrada o pasado venres 11 de outubro na reunión celebrada na Subdelegación do Goberno entre o Secretario de Estado de Infraestruturas, Manuel Niño, e o concelleiro César Mosquera, na que se resolveron os problemas de coordinación da AVE.
Segundo explicou Mosquera, faríase mediante unha addenda ao convenio que posibilitou o desenvolvemento destas obras.
Trátase de adecuar este ámbito como unha porta de entrada a Pontevedra integrándoo no ámbito urbano, cun axardinamento e iluminación conveniente. César Mosquera adiantou que entre as dúas administracións se custearán estas obras, aínda que unha primeira estimación sitúa o custo preto dos dous millóns de euros. Os técnicos farán primeiro un anteproxecto que será estudado na comisión de seguimento.
Relacionadas:
-
Resolta a reparación dos danos causados polo AVE, o Concello aborda con Fomento o futuro das pontes en desuso
Por Oskar Viéitez |
-
Fomento e as contratas do AVE asumirán o arranxo dos estragos causados polas obras
Por Alejandro Espiño |
-
Unha semana despois da inauguración, as chuvias provocan asolagamentos na contorna do novo Nó do Pino
Por Redacción |
-
Entra en servizo o novo Nó do Pino, que resolverá os atoamentos de entrada a Pontevedra "por 30 anos"
Por Natalia Puga |