Os socorristas de Marín tiveron 397 intervencións no mes de xullo
Por Redacción
Unha vez rematado o mes de xullo, os socorristas contratados polo Concello de Marín para velar pola seguridade dos bañistas das praias fixeron un total de 397 atencións, das cales 45 sucederon na praia de Portocelo, 73 en Mogor, 70 Aguete1, 75 Aguete2, 100 en Loira e por último 32 no Santo.
Dentro das atencións menores que realizaron, destaca o habitual de todos os veráns, que son as picaduras de faneca con 66, as picaduras de vespas cun total de 44, 109 feridas e 52 avisos a cans.
O resto de atencións tiveron pouca incidencia ou relevancia deixando os seguintes datos: 16 avisos a embarcacións, 12 avisos a pescadores, 20 atención a outras picaduras.
En canto ás atencións maiores, sinalar 4 golpes de calor en Mogor e Aguete 1, un rescate acuático en Aguete 2 (dunha persoa invidente) e tres nenos perdidos nas praias de Aguete e Loira (sen consecuencias maiores).
Por último, deuse un aviso ás autoridades con traslado de ambulancia na praia de Portocelo por un atropelo na zona do aparcamento.