A Audiencia Provincial xulgará dous homes por trapichear na capela do Vao
Por Redacción
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para o martes 15 de outubro o xuízo contra dous homes acusados de traficar con drogas no poboado chabolista do Vao, no municipio de Poio.
A investigación foi levada a cabo por parte da Garda Civil de Pontevedra e comezou nos primeiros meses de 2012 cun dispositivo vixilancia na zona dos poboados do Vao (de Arriba e Abaixo), observando que acudían numerosas persoas coñecidas como consumidores de substancias estupefacientes, pero que, en lugar de dirixirse ao citado poboado, introducíanse nun terreo dos arredores, na que había unha capela en ruínas.
Segundo detalla o escrito acusación da Fiscalía os axentes comprobaron que "había unha maior afluencia de toxicómanos cando ao citado lugar chegaba un home duns sesenta anos", que resultou ser o acusado José G.C., maior de idade, coñecido polas forzas de seguridade por ser detido en reiteradas ocasións por trapicheo e condenado en abril de 2012 por un delito contra a saúde pública.
Dende principios do mes de setembro de 2012, a Garda Civil realizou seguimentos ao referido individuo, comprobando reiterados cambios de domicilio en catro ocasións no prazo dun mes, residindo en pensións e ao final no domicilio da súa compañeira sentimental, todos eles en Pontevedra.
Igualmente, observaron que se desprazaba en taxi cando se trasladaba por Pontevedra e no coche dalgún consumidor, persoa que non repetía dous días seguidos, cando o desprazamento era máis longo. Segundo estas mesmas fontes, cada día, despois de rematar na capela, subíase a un vehículo no asento do acompañante, e trasladábase ata Ribadumia, onde, despois de percorrer varias pistas secundarias, chegaban a un camiño apartado e pouco transitado, a cuxo encontro tamén acudía, conducindo un Volkswagen Golf, o outro acusado Lucas M.G. maior de idade e sen antecedentes penais.
Os axentes da Garda Civil comprobaron ata oito saídas de José, dende a capela de Pontevedra e as de Lucas dende o seu domicilio en Vilanova, que eran simultáneas no tempo e ambos os dous se encontraban despois no camiño antes aludido.
Así as cousas, o día 15 de novembro, sobre as 12 horas, os dous acusados estiveron xuntos na cafetaría Don José, sita na rúa Padre Fernando Olmedo, sendo interceptados á saída polos axentes da Garda Civil, que procederon a un cacheo superficial, no que acharon, entre as roupas de Lucas diversas substancias estupefacientes manifestando os axentes que tiña máis no seu domicilio e no dos seus pais, en Barrantes. No rexistro practicado nestas vivendas requisáronse diversos útiles para o tráfico de droga ao amiudar así como diversas cantidades de cocaína e cannabis.
O fiscal acusa a estes home de senllos delitos contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde polo que solicita a José G.C. solicita unha pena de 5 anos de prisión e multa de 30.000 euros e para Lucas M.G. unha pena de 4 anos de prisión e multa de 30.000 euros.