O Concello tramita os permisos para arranxar os aparcadoiros disuasorios de Mollavao e o Pavillón
Por Redacción
O Concello de Pontevedra vén de iniciar a tramitación para o acondicionamento dos aparcadoiros disuasorios de Mollavao e do Pavillón de Deportes.
Trátase dunha acción de mantemento co fin de adecentar o piso actual da parcela e das explanadas.
Na práctica, trátanse de dúas actuacións diferentes, que sumarán un investimento total de 95.478 euros. O acondicionamento dos aparcadoiros do Pavillón ten un orzamento de 47.626 euros e o de Mollavao de 47.852 euros.
As actuacións comezarán tan pronto sexa completada a tramitación nas oficinas do Concello, ao contar xa cos permisos esixidos por Costas para estas obras de mantemento, que inclúen un acondicionamento das explanadas, ademais de tarefas de desbroce e limpeza.