O BNG de Marín pide ao Concello que boicotee a Abanca
Por Redacción
A portavoz municipal do BNG en Marín, Lucía Santos, propuxo na última reunión da mesa local do comercio unha serie de medidas dirixidas a resolver os problemas que están a afectar á poboación de Seixo. A nacionalista alertou da preocupación dos comerciantes polo peche da oficina de Abanca, que pode supoñer un estocazo definitivo para os establecementos da parroquia ademais de obrigalos a desprazarse ao centro ou a Bueu para realizar as súas xestións.
"É indignante que despois de anunciar case 140 millóns de euros en beneficios tan só no primeiro trimestre deste ano, aumentan as comisións por servizos que teñen que realizar os propios usuarios e aínda por riba deciden pechar sucursais ao longo do país deixando a moita veciñanza de zonas do rural sen servizo bancario", denuncia a nacionalista, quen insta á alcaldesa María Ramallo a anular as contas municipais con Abanca e trasladalas a outra entidade.
Santos propuxo tamén que o Concello leve a cabo unha toma de contactos con entidades financeiras que estean interesadas en abrir unha sucursal en Seixo para dar facilidades á actividade empresarial e administrativa dos comerciantes e dos propios residentes das parroquias de Seixo, Ardán ou Santomé.
Relacionadas:
-
Comerciantes de Seixo sofren as graves consecuencias do peche da oficina de Abanca
Por Redacción |
-
Feijóo e Carmela Silva piden responsabilidades polo peche de sucursais bancarias no rural
Por Oskar Viéitez |
-
Esixen desde o PP que o goberno de Poio anule as contas de Abanca se pecha a oficina de Campelo
Por Redacción |
-
BNG e PSOE apoian as demandas veciñais de defensa do centro de saúde de Seixo
Por Redacción |
-
Unión política en Marín contra o peche da oficina de Abanca en Seixo
Por Redacción |