Un forte olor a gasóleo obriga a suspender a actividade na gardaría O Toxo
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Cando os traballadores da Escola Infantil acudiron ao centro ás 7:45 horas encontráronse cun "forte olor a unha mestura de gas ou gasóleo".
"A concentración era moi importante despois de todo o fin de semana coa gardaría pechada", explicaron os responsables do centro, "o que fixemos foi non acender ningunha luz e abrir portas e ventás mentres se chamaba aos Bombeiros". Nese momento a dirección O Toxo adoptou outra decisión: avisar os pais dos nenos cunha mensaxe no móbil de que se suspendía a actividade durante este luns.
A chegada dos nenos adoita producirse a partir das oito da mañá polo que algúns pais se encontraron coa sorpresa á entrada da gardaría no barrio de San Roque. Algúns pais optaron por volver ás súas casas cos nenos ou ben deixalos cos avós, pero para os que non había alternativa dende a Consellería de Benestar ofreceuse unha solución: unha acollida provisional na gardaría de Campolongo. Ante esta continxencia o persoal do Toxo pasou a reforzar os seus compañeiros de Campolongo, evitando ademais que os pequenos se sentisen estraños.
Mentres tanto dúas dotacións do corpo de bombeiros comprobaron concienciudamente as instalacións do Toxo. Ademais acudiron técnicos de Repsol para verificar o estado da caldeira e demais canalizacións de gas, certificando que todo funcionaba correctamente.
Durante o desenvolvemento destas tarefas achegouse ata a gardaría do Toxo o director del Instituto Sánchez Cantón que igualmente comunicou que no centro escolar había "un forte olor a gasóleo", polo que un grupo de bombeiros acudiu ata o Instituto para facer medicións. Non foi a única alarma, ante a presenza dos bombeiros varios veciños de edificios da Avenida de Raiña Vitoria informaron deste mesmo problema.
Sobre a orixe deste olor, a hipótese de traballo que se manexa é que a limpeza dalgunha caldeira na zona durante o fin de semana tivese provocado unha vertedura que quedou acumulada nos canos da rede de sumidoiros, sendo o olor máis perceptible naqueles recintos que permaneceron pechados durante estes días.
REVISION DOS TECNICOS DE AQUAGEST
Desde o Concello de Pontevedra, o portavoz do goberno municipal, Raimundo González, deu conta da versión aportada polos técnicos da empresa Aquagest, que acudiron ao lugar do incidente para comprobar o estado das instalacións. Explicou que "parece ser" consecuencia da revisión dun tanque de gasoil nun edificio, aínda sen localizar, situado entre Augusto González Besada e Xeneral Rubín.
A fuga do gasoil produciuse ao colector de fecais "e non chegou ao río", asegurou Raimundo González. O cheiro, que era perceptible ao longo de Raíña Vitoria, "notouse máis non Toxo porque non teñen bote sifónico que é o que hai en todos os fogares para reducir os cheiros". En todo caso, insistiu en que se tratou dun episodio de "escasísima entidade".
En canto se localice ao edificio infractor, abriráselle expediente sancionador á comunidade de propietarios.