Os traballadores de ENCE alertan que "en pocos meses nos pueden parar la fábrica"

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
A presidenta do Comité de Oficinas de ENCE, Ana Cedeira, advertiu de que "ahora con un tiempo contrarreloj en contra nuestra, con una amenaza de cierre, vamos a salir a la calle más contundentes que nunca".
Segundo Ana Cedeira "en pocos meses nos pueden parar la fábrica" se se executa a sentenza da Audiencia Nacional polo que reclaman "una solución" ao Concello, Xunta de Galicia e ao Goberno Central como "máximos responsables" desta situación. "Y la solución parte de que queremos seguir trabajando en Ence, queremos seguir trabajando en Lourizán", dixo.
Cedeira insistiu en que "esto es un tema político y a los políticos se lo vamos a dejar bien claro a partir de hoy". "Nosotros en pocos meses estaremos sin trabajo pero los políticos están de vacaciones", engadiu.
"Todos los que formamos Ence, trabajamos en Ence y para Ence, estamos en pie de guerra", sentenciou. Ademais negou que as mobilizacións do persoal da fábica de celulosas estean instigadas pola dirección da compañía e subliñou que "aquí no hay ningún partido político que nos manipule".
Nun discurso dirixido aos traballadores durante a concentración fronte á delegación territorial da Xunta en Pontevedra, o vicepresidente do comité da fábrica, Modesto Graña, demandou que "toda Pontevedra ten que estar con nós".
Ademais denunciou que "nos queren politizar e a nosa política é o traballo, non somos do PP, non somos do Bloque, non somos do PSOE, somos traballadores. Metéronnos nesta e tennos que dar unha solución".
Pola súa banda, en declaracións aos medios de comunicación, o secretario do Comité de empresa de fábrica, Pablo Bacariza, explicou que a manifestación deste martes obedece a que "non tivemos unha resposta da Xunta ante a reunión que solicitamos".
Bacariza sinalou que no Goberno galego "a raíz da sentenza vimos que cambiou de opinión en distintas ocasións e queremos coñecer de primeira man que solución propoñen para o noso problema". "O Concello non nos vai a dar unha solución", apuntou este representate do persoal da pasteira.
Segundo o secretario do comité de empresa, os traballadores queren evitar que se pare a produción antes de ter resolvido o seu futuro laboral e esixen "implicación" a todas as administracións. "Non nos podemos permitir que pare en ningún momento porque se para xa non volve arrancar", engadiu.
Por último Bacariza comentou que na fábrica "a xente está moi nerviosa porque o 2033 desapareceu do horizonte, non existe, estamos pendentes dunha sentenza soamente".
Protestas do persoal de Ence durante o 11 de agosto
Traballadores da fábrica de Lourizán e de empresas que traballan coa pasteira realizaron cortes de tráfico desde as 08.00 horas deste mércores na PO-11 e na estrada de Vigo, afectando aos accesos á autoestrada. Despois concentráronse ante o edificio da Xunta de Galicia, da Subdelegación do Goberno e do Concello de Pontevedra
© Mónica Patxot
Ana Cedeira e Pablo Bacariza explican os motivos da protesta e a situación actual da fábrica pasteira
Ana Cedeira. Presidenta do comité de empresa de oficinas centrais de Ence
Pablo Bacariza. Secretario do comité de empresa da fábrica de Ence
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
Rueda espera que o Goberno central e o Concello presenten solucións para o persoal de Ence
Por Redacción |
-
O venres 10 de setembro, día marcado para a segunda mesa de diálogo sobre Ence
Por Redacción |
-
Os comités de Ence retan á ministra Teresa Ribera a convocar a mesa de diálogo xa e en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
VÍDEO 2.- Protesta de persoal de Ence: Xunta, Subdelegación e Concello
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez & Anxo Lourido |
-
VÍDEO 1.- Protestas de persoal de Ence: cortes de tráfico
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez & Anxo Lourido |
-
O Concello acusa a ENCE e o PP de "alentar e propiciar situacións de violencia"
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Traballadores de ENCE cortan o tráfico con barricadas nas saídas da cidade cara a Marín e Vigo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez & Anxo Lourido | Creada e actualizada