Concentración do PP de Poio para pedir que o diñeiro dunha subvención "quede en Campelo"
Por Redacción
O Partido Popular de Poio protagonizou este domingo un acto público de protesta na Praza da Granxa de Campelo.
O motivo da convocatoria era reclamar que os 420.000 euros procedentes dunha subvención europea para a mellora de beirarrúas da parroquia "queden en Campelo", explicou o portavoz popular, Ángel Moldes asegurando que o plan é reinvestir estas cantidades noutras obras do municipio.
"Se se conseguen 420.000 euros por unha obra que se fixo en Campelo, o normal é que ese diñeiro queden en Campelo", asegurou sobre un asunto que xa levaron ao Pleno Municipal en forma de moción pero que foi rexeitada polos grupos que conforman o goberno local.
Moldes engadiu tamén o malestar que lle trasladan os veciños ante os problemas para aparcar nesta parroquia.
"Non pode ser que cada día se sancionen a ducias de persoas", defendeu o representante do PP local indicando que non se trata de sancións puntuais, senón constantes e diarias evidenciando "un síntoma do grave problema de estacionamento" que afecta tanto a veciños como a negocios.