
© Concello de Marín
A renovación integral do parque infantil da Alameda de Marín incluirá zonas de xogo accesibles

Por Redacción
O parque infantil da Alameda de Marín é un dos espazos de lecer infantil favoritos da vila e é o intenso uso ao que están sometidos a diario o pavimento e os elementos de xogo os que provocan que se deterioren con maior rapidez que noutras instalacións. Por iso, o goberno local acaba de encargar un proxecto de remodelación integral deste parque co obxectivo de renovar todos os elementos do mesmo.
No encontro co redactor do proxecto, participaron as concelleiras de Parques e Xardíns, Cristina Acuña; e de Medio Ambiente, Marián Sanmartín; quen puido comprobar que o novo parque contará cunha ampla variedade de elementos que serán accesibles e utilizables por menores con mobilidade reducida.
Non é a primeira renovación integral destas zonas de lecer infantil, no Lago de Castiñeiras xa se instalaron elementos de xogo que conxugan á perfección coa paisaxe. No parque Eguren tamén se renovaron estas instalacións e coa remodelación do Paseo Alcalde Blanco se instalrán novos xogos de auga co que os máis pequenos poderán gozar do principal punto de unión de Marín co mar.
MELLORA DUN MURO DO CEIP DE SEIXO
O CEIP de Seixo acolle estes días unhas obras de reforma do muro que rodea ao centro educativo, que se atopaba en mal estado por unha serie de gretas que apareceron na súa estrutura. Con esta intervención se retranquea o terreo para recompoñer o muro e asegurar a súa firmeza.
Relacionadas:
-
O Concello de Marín reparará as deficiencias do parque infantil da Alameda
Por Redacción |
-
Repintado das marcas viarias no centro urbano de Marín a partir de setembro
Por Redacción |
-
Posta a punto dos xogos do Parque Eguren
Por Redacción |
-
Marín repara os elementos de xogo dos parques infantís deteriorados
Por Redacción |
-
O Concello de Marín talla unha secuoia da Alameda que ameazaba con derrubarse
Por Redacción |