Zafarrancho de roza e limpeza en Serrapio, Pedre e Loureiro
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade está a realizar un zafarrancho de roza e limpeza en Serrapio, toda a parroquia de Pedre e Loureiro para eliminar a maleza, que está a producir graves problemas de seguridade vial e mesmo estéticas no entorno rural do municipio.
Os encargados dos traballos serán operarios da brigada municipal de obras e servizos, que nestes días están a rematar a súa intervención no entorno do Vía Crucis de Serrapio e a Capela de San Lourenzo. A roza e limpeza tamén a extenderon pola parroquia de Pedre, con especial atención a aqueles camiños que son os máis utilizados polos veciños do lugar.
Ademáis destas zonas, a parroquia de Loureiro e o entorno da Capela das Neves tamén recibiron unha actuación especial, mellorando as súas condicións recuperando o aspecto habitual.
Segundo o alcalde, Jorge Cubela, as condicións metereolóxicas están dificultando as tarefas no municipio "non axudan e alíanse coa maleza que medra de xeito descontrolado. De tódolos xeitos, estas actuacións que levamos a cabo periódicamente cada ano procuran ter unha dobre función, por unha parte rozar e limpar os viais públicos e, ao mesmo tempo mellórase a imaxe do noso entorno turístico e de convivencia veciñal".