Unha condutora resulta ferida nun accidente en Corbillón
Por Redacción
Este mércores rexistrábase un accidente de tráfico entre dous turismos na estrada PO-549 ao seu paso pola parroquia de Corbillón, no municipio de Cambados.
A condutora que viaxaba no Citroën, unha muller de 41 anos, sufriu diversas lesións e foi trasladada ao Hospital do Salnés con dor cervical, lumbar e torácico, segundo informan desde os servizos de Emerxencias.
Nesta intervención colaboraron ademais do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, a Policía Local do municipio, Garda Civil de Tráfico, Atestados e unha ambulancia do 061.
Os efectivos do servizo de Emerxencias de Cambados tamén actuaron nunha saída de vía na rotonda de Vilariño durante as últimas horas. Neste caso non se rexistraron danos persoais de consideración.