Avance nas obras do vial de acceso á contorna histórica de Moimenta
Por Redacción
O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e a concelleira Eva Campos realizaron unha inspección ás obras de mellora na seguridade viaria na parroquia de Moimenta, na EP-8305 Chacente-Morillas-San Isidro, onde puideron comprobar que avanzan a bo ritmo, sobre todo o muro de pedra en mampostería que dá acceso ao recinto relixioso e que tamén dá maior seguridade aos peóns que transiten pola estrada.
Esta actuación, financiada pola Deputación de Pontevedra, contempla un investimento de 82.199,06 euros e permitirá realizar un proceso de mellora na seguridade vial nesta zona.
Neste sentido, procederase á colocación de elementos de calmado de tráfico, como os lombos, así como unha renovación da sinalización horizontal para que dispoña dunha mellor visibilidade tanto para os automobilistas como os peóns que utilizan habitualmente a EP-8305.
O alcalde, Carlos Costa, salientou a importancia desta actuación nunha zona moi concorrida e que dá acceso acceso a unha contorna histórica e artística na que destaca a igrexa parroquial de Moimenta, a súa praza e os muíños existentes nas inmediacións, que reciben no verán a numerosos turistas e visitantes.
Relacionadas:
-
Renovan de xeito integral o alumeado público de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Destinan 635.000 euros a mellorar estradas que pasan por Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Sanxenxo ou Cambados
Por Redacción |
-
Asinado o convenio para dotar de saneamento ao núcleo de Reboredo en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Aprobados case dous millóns de euros para mellora de mobilidade e saneamento a través do Plan Concellos
Por Redacción |
-
Xunta e Concello executan a mellora do camiño da Conla, en Campo Lameiro
Por Redacción |