O procedemento para urbanizar a Travesía República Arxentina de Marín xa está en marcha
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Marín aproba o inicio do expediente de contratación do proxecto para a urbanización da Travesía República Arxentina, que comunicará a rúa homónima con Inferniño. Unha obra que supoñerá un importante cambio no urbanismo da vila.
Actualmente o ámbito presenta dúas situacións moi diferentes. O extremo leste, que entronca coa rúa República Arxentina, atópase completamente urbanizada e edificada. Ao final da rúa atópase un muro e un regato que delimita a zona urbanizada da que está aínda sen urbanizar. Estre tramo de rúa de nova apertura está composto por tres parcelas en estado de semiabandono.
O investimento necesario para abrir o novo vial ascende a 256.407 euros para a que se solicitará unha subvención ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Tres meses de obras para crear a travesía que unirá Inferniño e República Arxentina
Por Redacción |
-
Aproban o proxecto para a urbanización da travesía República Arxentina de Marín
Por Redacción |
-
Desestimada a única alegación presentada ás expropiacións da Travesía República Arxentina
Por Oskar Viéitez |