VIDEO.- A Unidade Militar de Emerxencias desprégase en Figueirido
Por Redacción
Ata o próximo 30 de setembro, o Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias (BIEM V) da Unidade Militar de Emerxencias (UME) despregou un Elemento de Intervención para ocupar o destacamento da campaña LCIF 2021 na base militar pontevedresa Xeral Morillo en Figueirido.
Este elemento, composto por un elemento de recoñecemento e un pelotón de intervención, está formado por un total de 20 militares e 8 vehículos (2 lixeiros, 1 vehículo de transmisións Mérida, 3 autobombas, 1 ama de cría e 1 camión de carga).
Segundo destaca enl Minsiterio de Defensa, o establecemento deste destacamento, como elemento de primeira intervención do BIEM V, permite á UME intervir, nun prazo inferior a catro horas, en apoio das Autoridades competentes nas emerxencias provocadas polos incendios forestais en Galicia e axudar a que os efectos sobre a poboación civil, bens e medio ambiente sexan os mínimos.
A plena operatividade do destacamento está garantida de forma continuada as 24 horas do día grazas ás substitucións que se realizarán cunha periodicidade semanal e que permiten unha dispoñibilidade permanente do BIEM V, que conta con preto de 500 militares, para completar a resposta do Estado na loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia.