Rehabilitada a igrexa Santa Eulalia de Nantes, obra de Alejandro de la Sota, con 185.953 euros
Por Redacción
A Consellería de Cultura realizou un investimento de 185.953 na reforma da igrexa Santa Eulalia de Nantes, unha obra proxectada polo prestixioso arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota e que data de 1964.
Conta cunhas calidades espaciais de carácter singular e foi creada sobre os restos dun pequeno templo románico, segundo informan desde o Concello de Sanxenxo.
Co paso dos anos, comezou a sufrir humidades e por ese motivo foi necesario acometer a reforma. Os traballos sempre respectaron o deseño orixinal, centrándose na substitución total da cuberta do templo.
Cambiáronse os falsos teitos interiores cun novo sistema de iluminación que permite mellorar a distribución da luz. Tamén se instalaron celosías interiores de madeira e rectangulares entre a nave principal e a capela, que permiten o paso de luz entre o altar e a nave. O campanario foi impermeabilizado e instaláronse celosías metálicas nas aperturas dos dous niveis desta zona.
A esta mellora únense as obras de reforma do vial de acceso, realizado a través do plan de conservación de firmes de estradas da Deputación, que afecta á EP-9205 Sanxenxo-Meaño.