Ponte Caldelas e Portas reciben fondos do Goberno para reparar danos polos temporais do 2019
Por Redacción
A Delegación do Goberno en Galicia informa este venres da financiación en Galicia de 58 proxectos de reparación de danos vinculados a temporais que tiveron lugar entre abril do 2019 e marzo do 2020 por 1,3 millóns de euros
Na comunidade galega houbo danos en infraestruturas municipais e redes viarias por temporais no outono do 2019. Son 58 os proxectos municipais ou provinciais de reparación destes danos os que recibirán estes fondos, que se repartirán entre 22 concellos e a Deputación de Ourense.
Na área de Pontevedra só se viron beneficiados por estas axudas os concellos de Ponte Caldelas e Portas. O custo total das reparacións no primeiro ascende a 1.911 euros, sendo o importe concedido polo Ministerio de Política Territorial de 955 euros. O segundo recibirá 1.952 euros para unha obra valorada en 3.905 euros.
O resto de proxectos están repartidos do seguinte modo: 45 na provincia da Coruña, 9 en Ourense e 4 en Pontevedra.