A hora da xeración do noventa
Por Manu Otero & Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Tacháronos de irresponsables, cargáronos coa culpa do colapso dos hospitais e sufriron o roubo de ano e medio da mellor etapa das súas vidas. Quedáronse sen gradacións, pasaron o seu ano de Erasmus confinados e a xeración da era da comunicación tivo que tirar de redes sociais para non quedar illada. Pero chegou a súa hora. O Sergas comeza esta semana a quenda de vacinación dos nados a partir de 1990 e a mocidade agarda impaciente o sms da convocatoria.
O certificado de vacinación non é só o pasaporte cara á inmunidade, é tamén un pase VIP para as discotecas, bares e restaurantes; un salvoconducto para moverse por Europa e un chute de tranquilidade para poder visitar aos seus avós sen medo nin sentimento de culpa.
"É unha boa noticia. Eu creo que todos iremos vacinarnos porque estamos concienciados. Levamos xa ano e pico con isto e xa esperamos bastante. Case toda a miña familia está vacinada, só quedamos os netos e dá moita confianza ver que en breve todos poderemos empezar a facer cousas con menos medo. Todos os meus amigos irán en breve e teño coñecidos noutros sitios que xa foron citados ou vacinados. Oxalá podamos volver saír e a vivir como sempre, recuperando aos poucos a normalidade", sostén Cristian Naranjo, que agarda a súa quenda para a próxima semana.
Son moitos aos que non lle chega a hora para recibir a chamada do Sergas. "Estou a desexar que me vacinen. É xa ano e medio esperando a que a normalidade volva e espero que a todos os nados nos noventa vacínennos antes de que acabe o verán porque quedamos ao final da cola e somos un grupo con risco de contaxio igualmente", apunta Alexandra Ferreño, á que aínda non citaron para recibir a picada.
Da demora en vacinar a este grupo de idade quéixase tamén Cristina García ao sinalar que "o noso grupo de idade foi o máis esquecido porque ao chegar á nosa quenda, de 29 a 20 anos, pasaron por encima outros grupos como xente que se ía de Erasmus ou xente de 16 a 19 anos que xa poden solicitar a autocita. É moi necesario que nos vacinen porque os brotes de agora veñen dados polo noso grupo de idade pola falta de vacinas", remarca
A predisposición para recibir o tratamento contra a covid-19 é unha constante entre todos os nados nos noventa. Non só pola inmunidade, tamén para poder recuperar parte da vida social perdida co estalido da pandemia. "Que me vacinen canto antes e me dean o certificado porque sentimos un pouco discriminados. Somos os que facemos lecer e consumimos na hostalería, pero somos os únicos que non estamos vacinados e que che pidan unha PCR é un batifondo, considéroo un pouco discriminatorio", quéixase Pablo Seoane sobre as últimas restricións impostas pola Xunta neste sector para frear o avance da quinta onda.
En termos similares pronúnciase Susana González quen considera que "é moi necesario vacinar a este segmento da poboación porque é moi activa na rúa, móvese moito, sae de festa, xúntanse con máis novas, viaxa e ao final o risco de contaxiarse está aí".
Engade Jorge Pardo "que non podemos negar que somos unha franxa de idade con bastante contacto co lecer diurno e nocturno, que é onde máis pode incidir o problema dos contaxios. Por iso, todo o que axude a que as cousas melloren é ben recibido. Ademais a vacuna vana pedindo cada vez máis como requisito nunha chea de sitios e temos que ver como unha vantaxe estar vacunado", puntualiza.
As dúbidas sobre a intención destes mozos para vacunarse están quedando disipadas nestes primeiros días de vacunación nos que a asistencia está sendo masiva. "Sempre me fixo graza o discurso que houbo cando se anunciou o sistema de autocita para os máis novos. Estaban contentos de que os mozos queriamos vacunarnos e eu creo que en ningún momento se dixo que non queriamos. Simplemente esperamos pacientemente a nosa quenda e entendemos que había que priorizar a outras franxas de idade", razoa Carlota Nierga
Máis crítico é Javier Lago, quen entende que os veinteañeros sexan dos últimos en recibir a dose, pero considera "contradictorio intentar volver a unha normalidad sen que tanta xente poida ter acceso á vacuna". Á marxe diso, completar a vacunación dos nados nos noventa "será como un sopro de aire fresco e un chute de esperanza", conclúe Lago.
Relacionadas:
-
Empeza a vacinación de escolares de 12 e 13 anos: "moi tranquilos porque están acostumados a vacinarse"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A vacinación retárdase na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
O Sergas abrirá este sábado 25.000 autocitas para vacinar a mozos de 16 a 21 anos
Por Oskar Viéitez |
-
Máis do 65% da poboación da área sanitaria recibiu a dose completa da vacina
Por Redacción |
-
Longas colas en Pontevedra para realizar un test de antíxenos e conseguir o certificado
Por Redacción & Cristina Saiz |