Máis parrulos para o estanque do Parque de Costa Xiráldez
Por Redacción
Hai nova veciñanza no estanque do Parque de Costa Xiráldez, situado na parroquia de San Salvador de Poio, na zona de Lourido. Alí soltábanse este mércores dez novos patos, cinco femias e cinco machos.
O concelleiro Xosé Luís Martínez, responsable da área de medio Ambiente, supervisou o operativo e destacou que estes animais xa se converteron en parte do enclave natural desta zona de lecer moi frecuentada pola veciñanza e por visitantes.
Tres días á semana, operarios municipais encárganse de alimentar a estas especies, que tamén están afeitos a recibir tanto comida como o agarimo das persoas que pasean pola zona.
Para o concelleiro é "un reclamo máis de Costa Xiráldez", que sinalou as actuacións emprendidas estes días para limpar a maleza existente en zonas próximas ao estanque, onde hai casetas flotantes para estes patos, onde aniñan e resgárdanse cando se rexistran condicións meteoróligas adversas.
Con estes dez novos exemplares, o censo destas aves nesta contorna ascende a 19 parrulos. Hai un ano dous cans atacaran aos animais que se atopaban neste espazo provocando a morte de seis patos.