Marín inicia a mellora integral da estrada de Pasás, entre Xermade e Xuncal
Por Redacción
O Concello de Marín pon en marcha un paquete de actuacións nos camiños rurais de Marín no que se enmarca a obra de mantemento que anunciou este mércores o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, e que servirá para mellorar o firme na estrada de Pasás, entre Xermade e Xuncal, na parroquia de Ardán.
Esta actuación vén xustificada polo estado de deterioración que presenta o pavimento, que obriga a ir máis aló dunha simple intervención de bacheo e mantemento. Por iso, ademais de aplicar unha nova capa de rodadura procederase á limpeza e roza dos paseos e á pavimentación das cunetas coa posterior implantación de drenaxes que melloren o desaugadoiro superficial.
Esta actuación foi adxudicada á empresa Construcións Fechi por un importe de 35.400 euros que se investirán con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.