Sufocado un pequeno incendio na cociña dunha vivenda da Avenida María Victoria Moreno
Por Redacción
Un incendio, declarado pasadas as tres da tarde nunha vivenda situada na Avenida María Victoría Moreno, rompía a tranquilidade da veciñanza en torno ao número 35, onde se rexistraba o contratempo e que motivou o aviso aos servizos de emerxencia.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Policía Nacional, Policía Local e dúas dotacións do Parque de Bombeiros. Practicamente en media hora dábase por terminada a intervención na que non houbo danos persoais.
O suceso iniciouse na cociña dun piso situado na última planta do inmoble, concretamente nunha campá extractora da cociña. Foron axentes da Policía Nacional quen atallou primeiramente o pequeno incendio con extintores e posteriormente terminaron de sufocar as brasas os efectivos de Bombeiros. Os axentes procederon igualmente a desmontar a campá e ventilar a vivenda.
Mentres a Policía Local regulaba o tráfico no vial, algúns viandantes e veciños desde xanelas e balcóns seguían con curiosidade o dispositivo de emerxencia realizado.
Relacionadas:
-
Un neno de 7 anos, ferido grave tras precipitarse desde un terceiro piso en Sanxenxo
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Evacuado por inhalación de fume nun incendio dunha fábrica de Cuntis
Por Redacción |
-
As letras de 'Boa Vila' dificultan unha actuación dos Bombeiros en Curros Enríquez
Por Redacción & Cristina Saiz |