O bebé falecido no Hospital Provincial sufriu un shock séptico
Por Redacción
Simón, o bebé de once meses falecido o 14 de outubro horas despois de recibir a alta no Hospital Provincial de Pontevedra morreu por "un shock séptico coa coagulación intravascular diseminada".
Este é o resultado da autopsia sobre a causa da morte do bebé que acaba de recibir a súa familia, e que revelan diversos medios de comunicación.
As definicións médicas de sepse descríbena como unha enfermidade na que o corpo ten unha resposta grave a bacterias ou outros microorganismos que se pode denominar síndrome de resposta inflamatoria sistémica (SRIS).
Sobre a base desta defición, e do resultado da autopsia, a familia reafírmase no seu covicción de que se o bebé tivese sido sometido a máis probas médicas quizais se tivese evitado o fatal desenlace.
Ante tal situación, decidiron pedir ao Xulgado que leva o caso que cite a declarar como imputado ao médico que atendeu ao neno en Urxencias durante a súa primeira visita, cando lle deu a alta asegurando aos seus pais que tiña unha infección vírica. Horas mais tardes, o bebé empeorou, os seus pais volveron levalo ao Provincial e finalmente faleceu.
Relacionadas:
-
O pai do bebé falecido no Provincial comparece por primeira vez no xulgado
Por Redacción |
-
Patricio Fernández, pai do bebé falecido no Hospital: "Llevar un hijo con fiebre a Urgencias del Hospital es jugar a la ruleta rusa"
Por Anxo Lourido |
-
Denuncian a morte dun bebé tras ser atendido no Hospital Provincial
Por Redacción |