Vilalonga gañará mil metros para a súa praza central e mellorará os espazos
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo xa dispón do proxecto para a humanización da praza de Vilalonga, que contempla unha mellora deste espazo, cun investimento de 785.137 euros.
A intención do goberno local é licitar as obras nos próximos meses. As actuacións que se realicen ata o final deste ano contarán cunha partida de 100.000 euros, e o resto dos traballos financiaranse con cargo ao orzamento de 2022.
A praza central de Vilalonga incrementará o seu espazo útil pasando dos 4.011 metros cadrados actuais aos 5.280 metros cadrados, con ampliación de espazos e beirarrúas, tanto no límite coa estrada PO-505 como cara o campo de fútbol.
Así mesmo, suprimirase o tráfico interior, mantendo o acceso de servizo ao campo de fútbol, con denominación de "zona 20" no tramo da praza.
Haberá tamén unha ampliación da zona infantil e a construción dunha bancada perimetral aproveitando a diferenza de altura de 4 metros entre o lado oeste, onde se situaba o quiosco, e o leste.
Gañaranse zonas verdes coa plantación de árbores, principalmente bidueiros, para crear unha barreira entre a PO-505 e a praza no tramo no que están á mesma altura.
A obra incluirá unha reordenación da praza para convertela nun espazo máis uniforme, suprimindo as barreiras físicas que agora limitan o seu uso.
Para o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a transformación deste espazo e a mellora da zona de O Revel "suporá un antes e un despois" na calidade de vida dos veciños de Vilalonga.
Relacionadas:
-
A humanización da praza pública de Vilalonga comezará en setembro e custará uns 900.000 euros
Por Redacción |
-
Pintores de Arra, este ano o concurso trae máis premios e máis cuantiosos
Por Redacción |
-
Sanxenxo solicitará unha modificación de orzamento de máis dun millón de euros para obras e proxectos
Por Redacción |
-
O Concello derruba a estrutura danada do centro sociocultural de Vilalonga
Por Redacción |
-
Inician a demolición do vello quiosco da Praza Pública de Vilalonga
Por Redacción |
-
A reforma da Praza de Vilalonga reorganizará os espazos para integrar o campo de fútbol
Por Redacción |