A Discoteca Daniel, de raíña da noite pontevedresa a soto en alugueiro
Por Cristina Saiz & María José Pita
Nin o feito de estar de baixa pendente dunha operación nin o revés económico que supuxo a pandemia para o seu negocio. Coincidindo co anuncio do peche definitivo da Discoteca Daniel, no primeiro que pensa o seu xerente, José Manuel Malleiro Amoedo, é nos seus clientes.
"Me gustaría haberme despedido de otra manera, lo siento mucho por los clientes", laméntase.
Na porta do emblemático establecemento situado na rúa Daniel de la Sota, número 1, xa colga o cartel de "Se alquila". O peche definitivo ten moito que ver coas restricións provocadas pola situación sanitaria, que impediron abrir este tipo de locais.
"Sin ingresos me era imposible asumir los casi 4.000 euros de alquiler", explícanos o seu xerente, a quen o peche da hostalería chegoulle durante unha baixa por enfermidade que leva ano e medio arrastrando. "Al inicio del confinamiento yo ya estaba internado en el hospital, estuve tres meses", engade.
Unha lesión nas costas da que nestes momentos está pendente de cita para operarse e que a pandemia segue atrasando levou a José Manuel Malleiro a tomar a decisión de xubilarse aos seus 62 anos e con el o local que tantas alegrías, confíanos, achegoulle.
"Yo nací en Anceu, Ponte Caldelas, y con 14 años ya me fui a trabajar a Pontevedra, en septiembre del año 73, de aprendiz de camarero en El Palacio, una cafetería en la plaza de San José en la que hacía de todo, desde lavar vasos, limpiar o servir. ¡Llevo 48 años cotizando en hostelería!".
E de todos eses anos, asegura, os máis felices foron na Discoteca Daniel, primeiro como camareiro e, desde decembro de 1990, como responsable do local "con mi socio Enrique, pero desde hace 16 años ya asumí yo solo la gerencia".
Co nome de Daniel Bloom abría as súas portas en 1969 un local pioneiro en Pontevedra. O seu nome orixinal só o lembran os máis veteranos e as teorías sobre o mesmo apuntan a que era un xogo de palabras co título dunha popular serie americana de televisión dos anos 60 titulada "Daniel Boone", que recollía as andanzas dun pioneiro estadounidense e o seu compañeiro indio nativo. Malleiro descoñece o por que do nome pero con todo mostra unha memoria prodixiosa en canto a datas e "confesiones de clientes que nunca voy a desvelar", mostra da súa gran profesionalidade.
"Entré a trabajar en Daniel de camarero con 23 años, en 1982, recién casado. Me casé en marzo y en diciembre ya empecé en Daniel", relata en conversación telefónica durante a súa convalecencia. "Entonces se abría todos los días, había dobles sesiones y librábamos solo un día entre semana, era así en todo el sector", que ben coñecía da súa anterior etapa noutra mítica discoteca, Shiva.
Nos anos 80 conta que "venía todo el señorío de Pontevedra" e que lembra que "cada vez que una señora me daba su abrigo de piel para colgar en el ropero tenía que hacer un esfuerzo para que no se me cayese de las manos, pesaban muchísimo". Nesta primeira etapa de José Manuel como camareiro, Daniel tiña a denominación de 'boîte', termo francés que lle daba certo caché ás salas de festas. "En Pontevedra solo había tres: Pub London, Universo y Daniel".
Co paso dos anos, e xa como responsable do local, Malleiro destaca a época de esplendor dos anos 90 en nos que "fuimos pioneros en poner música latina que nos la traía de Colombia una casa de Madrid, y fue todo un éxito".
Deses bos tempos pedímoslle que nos nomee a algún cliente especial e, de novo coa súa discreción, Malleiro afirma que todos o foron. Pero é inevitable mencionar ao entón príncipe Felipe cando fora alumno da Escola Naval de Marín, e que revolucionaba o local.
"Entraban primero dos de seguridad para inspeccionar la sala, después avisaban a los que estaban con el príncipe, que bajaban con él, y otros se quedaban fuera. Llamaba la atención por la altura". Lembra que quen pagaba sempre era algún dos escoltas, "alguna vez hasta le he invitado yo, con el permiso de mi jefe", e que sempre pedía "gin Larios con Kas de limón, es que antes no había ginebras tan selectas como ahora".
Outro dos asiduos da Discoteca Daniel e a súa cafetería era un mozo Mariano Rajoy. "Venía mucho, pero entonces era presidente de la Diputación y no traía escolta, era uno más con su grupo de amigos". Tamén coincidindo con grandes momentos do Partido Popular, como as alcaldías de Javier Cobián ou Juan Luís Pedrosa, as vitorias na Xunta ou no Goberno central, o PP celebraba neste espazo a noite electoral. "También han venido los entrenadores del Deportivo y del Celta, y de otros grandes equipos, pero dejémoslo ahí".
Eran grandes reunións festivas nas que nunca houbo ningún altercado. Caso ben distinto era o dos alumnos da Escola Naval de Marín que "rivalizaban con los jóvenes de aquí por las chicas y a veces se montaba, eran otros tiempos", apunta entre risas Malleiro.
Anécdotas que reflicten a evolución da cidade de Pontevedra, os gustos e as modas. Na última etapa da Discoteca Daniel, antes da pandemia, "ya se notó una bajada los viernes, pero se compensaba con la caja de los sábados". De abrir todos os días pasouse a venres, sábados e domingos pola tarde, ademais de vésperas de festivo.
Imos finalizando a conversación e pedímoslle a José Manuel se quere engadir algo. E recalca a súa resposta: "Pon que estoy súper agradecido, súper agradecido a los clientes". José Manuel Malleiro, bo profesional e boa xente.