'Está en tu mano, cierra el grifo cuando toca', a campaña de Sanxenxo para anticiparse á seca estival
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo e a empresa concesionaria do servizo de auga, Espina & Delfín, acaban de poñer en marcha a campaña 'Está en tu mano, cierra el grifo cuando toca', coa que buscan fomentar o consumo responsable de auga.
A campaña difundirase a través de carteis informativos que se colocarán nos edificios municipais, nas instalacións do servizo municipal de auga e nas redes sociais de ambas as entidades.
O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso adecuado dos recursos e anticiparse ás situacións de seca da época estival, pois a escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para os meses de xullo e agosto teñen un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos e é importante realizar un consumo eficiente da auga potable que permita manter as reservas hídricas durante o período vacacional.
Esta campaña traslada consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga como pechar a billa mintas nos cepillamos os dentes, ducharse en lugar de bañarse, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas.
Aconséllase tamén reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns e pechar a chave de paso de auga da vivenda cando se deixa a vivenda habitual por vacacións.