Detectan catro positivos entre 762 mozos na primeira xornada de autocita para cribados en Fexdega
Por Redacción
A Consellería de Sanidade fixo pública a táboa cos resultados dos cribados masivos realizados durante os últimos días na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés entre poboación con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.
O venres 16 de xullo eran citadas en Vilagarcía 1.200 persoas dos municipios de Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova e Vilagarcía. Das 458 probas realizadas nesa xornada detectáronse 10 positivos. A mesma cifra de 10 contaxios rexistrábase durante o cribado que se realizaba o día 17 tamén en Vilagarcía de Arousa para poboación dos mesmos Concellos. Neste caso acudiron 516 persoas das 1.200 citadas.
No municipio de Pontevedra, durante o domingo 18 e o luns 19 estaban citadas 800 persoas cada día dos municipios de Poio, Marín e Pontevedra. Na primeira xornada realizáronse 314 probas e na segunda, 335 con resultado de 10 positivos o domingo e 4 durante o cribado do luns.
Este martes 20 establecíase o sistema de autocita destinado a poboación de entre 16 e 35 anos no recinto de Fexdega en Vilagarcía de Arousa con 1.474 persoas que utilizaron este sistema solicitando o cribado. Realizáronse 762 probas, nas que se detectaron 4 casos positivos. Segundo a Consellería a cifra de 1.474 persoas está relacionada cos datos de planificación de autocitas que se realizan desde a área sanitaria atendendo aos recursos diarios dispoñibles, non ás solicitudes presentadas, que foron 762.
Este mércores 21 de xullo continúa este cribado a través da fórmula de autocita a través da páxina web e das aplicacións do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Relacionadas:
-
2.161 persoas citadas "pasaron" de someterse ao cribado en Poio
Por Redacción |
-
Unha unidade móbil realizará este sábado test de antíxenos na praza de España
Por Redacción |
-
A autocita para cribados terá postos fixos en Pontevedra e Vilagarcía a próxima semana
Por Natalia Puga |
-
Os mozos de 16 a 19 anos xa poden pedir autocita para vacinarse en agosto
Por Natalia Puga |
-
Sanxenxo, O Grove, Meaño e Cambados pasan a nivel máximo e Pontevedra, A Illa, Vilagarcía, Vilanova , Marín e Poio a alto
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A tendencia á alza nos ingresos por covid mantense na área sanitaria con 24 hospitalizados
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra achégase ao seu récord de casos de covid-19 tras volver confirmar 81 positivos nun día
Por Natalia Puga |
-
Convocatoria aberta para un cribado masivo na Sala Nauta destinado a persoas con idades entre 16 e 35 anos
Por Redacción |
-
Só o 38% dos citados acode á primeira xornada de cribado en Vilagarcía, con 10 positivos detectados
Por Redacción |
-
A poboación de 16 a 35 anos poderá pedir autocita para realizar cribados a próxima semana
Por Redacción |