Campos e Baltar manteñen un encontro para impulsar as vilas termais
Por Redacción
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, visitaba este martes ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, como presidente da sección de Vilas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
A intención é establecer un marco de reunións con representantes das institucións provinciais para estudar a colaboración que permita impulsar o sector do termalismo. Ao encontro tamén asistía o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, vicepresidente da sección de Vilas Termais na FEMP.
O alcalde cuntiense indicou que tratarán de manter encontros con presidentes provinciais de todo o territorio nacional para potenciar o turismo termal tras a pandemia. Campos sinala que a idea é involucrar a todas as administracións implicando ao sector público co privado para relanzar ao sector en numerosos municipios.
Durante a reunión tratáronse diversas liñas estratexias coa aposta por rehabilitar balnearios de titularidade pública, reforzar o investimento en modernización e dixitalización, ademais de mellorar a formación profesional dos traballadores das termas, promover campañas publicitarias e resolver a situación actual na que o 90% do turismo termal mantense relacionado co termalismo social do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso)
Relacionadas:
-
Manuel Campos pretende establecer alianzas para impulsar o sector do termalismo
Por Redacción |
-
A Deputación dá a coñecer o modelo turístico termal da provincia en Cáceres
Por Redacción |
-
Cuntis acolle a presentación do programa 'Verán termal' de estadías en balnearios de Galicia
Por Redacción |
-
Cuntis promove a reactivación turística do municipio
Por Redacción |
-
Un lugar en Galicia chamado Cuntis: un vídeo para promocionar a vila termal
Por Redacción |