Ferido tras incendiarse a súa moto e chocar contra un sinal en Caldas de Reis
Por Redacción
Un motorista sufriu a última hora do sábado, sobre as 21.30 horas, un accidente de tráfico despois da súa moto comezase a arder.
O suceso tivo lugar cando circulaba pola N-550 á altura de Carracedo, en Caldas de Reis, provocando o incendio que saíse da vía e chocase cun sinal.
Segundo relata o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ao lugar acudiron efectivos de Urxencias Sanitarias 061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os Bombeiros do Salnés.
Os axentes da Policía Local confirmaron que eles mesmos apagaran o lume, localizado no depósito da moto, coa axuda dun extintor. Ademais as chamas afectaron á maleza que había ao redor, indicaron os bombeiros.
A pesar diso o incendio quedou totalmente extinguido, mentres que o piloto da moto foi trasladado polo 061 ao centro hospitalario de referencia.