Volven as 'Noites meigas' a Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis retomou a iniciativa 'As Noites Meigas', e fíxoo cunha noite de petróglifos baixo as estrelas.
A actividade, que tivo unha notable acollida, iniciouse na Praza das Árbores, sendo necesario separar aos asistentes en varios grupos.
O encargado de dirixir a actividade foi Fran Ameixeiras, con experiencia como guía no PAAR de Campo Lameiro. Baixo a súa tutela os asistentes gozaron dunha noite lúdica coñecendo o patrimonio etnográfico.
A 'Noite Meiga' sobre petróglifos terá repetición o próximo 6 de agosto, sendo necesario anotarse previamente no teléfono 615 193 391 ou a través do correo electrónico turismo@concellodecuntis.es.