A UCI de Montecelo sobe a cinco pacientes covid ingresados, aínda que baixan as hospitalizacións totais
Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue incrementando a cifra de afectados por covid, a teor do que reflicte a actualización de datos sobre a pandemia realizada ás 10.00 horas deste sábado 17 de xullo polo Servizo Galego de Saúde.
Segundo este balance a área pontevedresa detectou na última xornada 221 novos contaxios, estatística que segue disparada e que con só 62 altas epidemiolóxicas fai subir de maneira importante os casos activos ata un total de 1.709 (159 máis).
Este incremento segue sen facer especial madeixa no número total de persoas positivas en coronavirus ingresadas nos hospitais da comarca, con 13, unha menos que o venres. Con todo ese descenso débese a unha baixada en canto aos ingresados en planta, xa que a Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo viu incrementada a súa ocupación sumando 5 pacientes covid (dous máis). O resto de hospitalizados evolucionan en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (6), o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (1) e o Hospital do Salnés (1).
Desde o inicio da pandemia superou a infección 14.574 pacientes da área sanitaria, rexistrándose 181 falecementos de persoas con positivo activo por covid.
Nas últimas 24 horas, confirma o Sergas, realizáronse 769 probas PCR.
Relacionadas:
-
Un paciente menos na UCI (4) pero máis hospitalizados por covid na área sanitaria no inicio da semana
Por Diego Espiño |
-
156 novos contaxios de covid, 1.797 casos activos e 16 hospitalizados na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Os contaxios, desbocados na área sanitaria: 304 novos infectados desde onte
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo, o municipio da área sanitaria con peor evolución en plena quinta vaga da pandemia
Por Alejandro Espiño |
-
Baixan as hospitalizacións mentres que os contaxios seguen disparados
Por Oskar Viéitez |
-
A explosión de contaxios chega aos 1.139 pacientes na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |