Sanidade confirma que se manterá a actividade asistencial no centro de saúde de Seixo
Por Redacción
Seixo non quedará sen atención sanitaria no seu centro de saúde.
Así o asegurou este mércores no Parlamento de Galicia, a preguntas do grupo parlamentario do BNG, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
Segundo explicou o representante do goberno autonómico, ante a escaseza de profesionais substitutos, o Servizo Galego de Saúde buscará alternativas administrativas para cubrir a xubilación prevista dun dos seus facultativos de Medicina Familiar e Comunitaria mentres non se poida efectuar a cobertura con estabilidade
García Comesaña defendeu que non se contempla amortizar as dúas prazas de Medicina Familiar do centro de saúde, mantendo por tanto o servizo asistencial.
Estas manifestacións chegan só uns días despois de que numerosos veciños de Seixo participasen nunha manifestación de protesta convocada pola Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde.
Na súa intervención o deputado Paulo Ríos, do BNG, cuestionou sobre este asunto que o centro sanitario de Seixo "leva anos soportando recortes non que atinxe ao persoal", por unha banda coa eliminación do reforzo estival e por outro coa perda dunha auxiliar de enfermería a tempo completo.
Relacionadas:
-
Seixo retomará as protestas polos recortes no centro de saúde cunha cadea humana
Por Redacción |
-
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo convoca unha nova protesta para o día 12 de agosto
Por Redacción |
-
Mobilización veciñal contra os recortes na Atención Primaria no centro de saúde de Seixo
Por Redacción |
-
BNG e PSOE apoian as demandas veciñais de defensa do centro de saúde de Seixo
Por Redacción |
-
Seixo sae á rúa en defensa do centro de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
Ramallo asegura que a "información oficial" é que o centro de saúde de Seixo "non pecha"
Por Oskar Viéitez |
-
A plataforma pola defensa do centro de saúde de Seixo pide o apoio de María Ramallo
Por Oskar Viéitez |