Vilagarcía rebélase e denuncia a "dobre vara de medir" de Sanidade para aplicar restricións
Por Alejandro Espiño
Para Vilagarcía resulta "sorprendente" que Sanidade manteña o municipio no nivel alto de restricións, xunto con Vilanova, A Illa ou Cambados, mentres que outros concellos nos que a incidencia duplica á da cidade arousá estean nun nivel máis baixo.
"Para que as normas se cumpran, primeiro deben entenderse", lembran desde o goberno local, que denuncia a "dobre vara de medir" das autoridades sanitarias.
De aí que o alcalde pida unha entrevista coa Xunta de Galicia para recibir unha "explicación convincente" sobre a aplicación de criterios "distintos" á hora de decidir as restricións nos diferentes concellos galegos.
As actuais medidas son "incomprensibles", segundo o goberno arousán, xa que permiten que concellos con maior incidencia acumulada que Vilagarcía teñan toda a hostalería aberta, mentres que no seu caso só poidan manter a súa actividade nas terrazas e cun aforo do 50%.
Esta "diferenza de trato", engade o Concello, "o único que fai, ademais de elevar as queixas dos colectivos, é danar a reputación da marca turística do Salnés".
Dende Vilagarcía volven a insistir en que os concellos, como administración máis próxima ao cidadán, deben participar das decisións que afectan á loita contra a pandemia
"Se os concellos non comprenden as decisións que se toman nin os criterios nos que se basean, dificilmente poden transmitir aos cidadáns que hai que cumprir unha serie de normas distintas ás dos seus veciños, moitas veces en peores circunstancias", conclúen.
Relacionadas:
-
Telmo Martín propón PCR ou certificado de vacinación para acceder a locais de hostalería
Por Redacción |
-
A poboación de 16 a 35 anos poderá pedir autocita para realizar cribados a próxima semana
Por Redacción |
-
A Xunta limita a dez o número de persoas no exterior e a seis no interior
Por Oskar Viéitez |
-
A explosión de contaxios chega aos 1.139 pacientes na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo alerta de que novas restricións poden "truncar" a recuperación económica
Por Redacción |