A Xunta limita a dez o número de persoas no exterior e a seis no interior
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Galicia volve limitar a dez o grupo de persoas non conviventes que poden ocupar unha terraza no exterior. Mantense o máximo de seis no interior da hostalería e a medida de precintar zonas nas que se hai concentracións.
Ademais recoméndase que no ámbito privado mantéñanse estes grupos, tanto na rúa como no domicilio, é dicir, dez persoas no exterior e seis en interior. Por agora non é obrigatorio pero a Xunta advirte que se tomarán as medidas necesarias se se mantén o aumento de casos.
"Máscara, distancia social e hixiene seguen sendo medidas necesarias incluso os que están vacinados, pero sobre todo os que aínda non están vacinados" insistiu este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa convocada para informar dos acordos adoptados na reunión de onte do comité clínico.
Estivo acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e polo membro do comité clínico, o doutor Pedro Rascado.
Carmen Durán explicou que, polo de agora, o impacto na presión asistencial é "moderado" e por iso a Xunta acordou modificar os parámetros para establecer medidas axustadas "día a día" a esta nova realidade na que os contagios concéntranse nunha franxa de idade e sobre todo xente nova que fai concentracións en domicilios, na rúa ou noutros contextos.
PONTEVEDRA EN NIVEL MEDIO
No nivel alto, polo seu alto grao de incidencia, seguen os concellos da Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía e Vilanova, ademais dos de Ourense, Barbadás e O Barco de Valdeorras.
No nivel medio estarán Pontevedra, Marín, Caldas de Reis, e mención á parte teñen Sanxenxo e Poio que están en vixilancia especial por se teñen que pasar a nivel alto. Neste nivel medio tamén están Culleredo, Porto do Son, Carballiño, Sarria, A Pobra, Redondela, Vigo, Salceda, Boiro, Rivadavia.
Trátase dun "novo modelo dinámico" o aprobado o comité clínico no que "diariamente haremos ajustes y tendremos un factor de corrección que aplicaremos a cada concello".
Segundo Carmen Durán "hemos hecho un modelo diferente, que irá cambiando día a día con todos estos factores", atendendo ao nivel asistencial é o que vai marcar o modelo á hora de decidir o nivel.
A directora xeral de Saúde Pública explicou que "no es lo mismo la situación en cuanto a vacunación, también hay que insistir en que la gravedad del covid va pareja a la edad de la población. Por otra parte, el número de ingresos y el perfil es distinto".
VARIANTE DELTA
A pesar de que os datos de Galicia seguen reflectindo unha das incidencias máis baixas de España (210 casos fronte aos máis de 400 de media do país), García Comesaña destacou que na nosa comunidade "a incidencia se dispara, non os ingresos hospitalarios, pero os contaxiados de agora sí acaban na UCI".
A día de hoxe son cinco as persoas de menos de 40 anos nas unidades de críticos, é dicir, a metade dos pacientes en UCI de Galicia.
Carmen Durán sinalou que cada vez hai menos circulación da variante británica, mentres se incrementa o do variante Delta, con 494 casos confirmados en Galicia.
Relacionadas:
-
Baixan as hospitalizacións mentres que os contaxios seguen disparados
Por Oskar Viéitez |
-
A poboación de 16 a 35 anos poderá pedir autocita para realizar cribados a próxima semana
Por Redacción |
-
Sanxenxo "redobrará esforzos" para facer cumprir as restricións ante o paso a nivel medio
Por Redacción |
-
Vilagarcía rebélase e denuncia a "dobre vara de medir" de Sanidade para aplicar restricións
Por Alejandro Espiño |