A Comisaría di adeus a 16 policías que completaron as súas prácticas en Pontevedra
Por Redacción
A Comisaría Provincial de Pontevedra acolleu este martes o acto oficial de despedida dos 16 policías en prácticas da XXXV Promoción da Escala Básica que durante os meses completaron a súa formación pasando polos distintos departamentos da Comisaría de Pontevedra.
Os policías en prácticas chegaron a Pontevedra en setembro superar as probas da oposición e un curso académico de carácter selectivo de formación na Escola Nacional de Policía en Ávila. Agora, tras varios meses en prácticas, completaron o seu período formativo.
O acto de despedida estivo presidido pola comisaria provincial, Estíbaliz Palma, e polos distintos xefes de Brigada de Pontevedra.
Tras o mesmo, desde a Comisaría destacaron que o módulo de formación práctica é especialmente importante para que os policías en prácticas obteñan o nivel de profesionalización requirido para o desempeño posterior das funcións policiais propias dos distintos postos de traballo que vaian ocupar.
Relacionadas:
-
Dez policías en prácticas para a comisaría de Pontevedra e catro para Marín e Vilagarcía
Por Redacción |
-
A Comisaría dá a benvida a 43 policías que pasarán nove meses en prácticas na provincia
Por Redacción |
-
As comisarías da Policía Nacional en Pontevedra, Marín e Vilagarcía incorporan novos efectivos
Por Oskar Viéitez |
-
A Comisaría dá a benvida a 16 policías en prácticas
Por Redacción |