Detido un mozo que feriu outro cunha navalla durante un botellón en Pontevedra
Por Natalia Puga
A Policía Nacional detivo un veciño de Pontevedra de 19 anos como suposto responsable dunha agresión con arma branca ocorrida hai dúas semanas nun botellón que se estaba celebrando no recinto feiral da cidade. Trátase xusto do mesmo que tivo que ser desaloxado polas policías Local e Nacional.
Fuentes policiais confirmaron que ese botellón, celebrado na madrugada do 28 de xuño, fue desalojado, precisamente, a raíz do incidente que agora derivou nesta detención. Os policías acudiron ao recinto por un aviso de que se estaba producindo unha pelexa e, á súa chegada, optaron por desaloxar.
Os feitos sucederon sobre as 6:30 horas da madrugada. Por mor da citada chamada á sala do 091, na que alertaban dunha agresión, os axentes desprazáronse ao lugar e atopáronse na chaira a un mozo ferido cun corte con arma branca na fronte.
O ferido foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital Montecelo e recibiu seis puntos de sutura e os policías abriron unha investigación na que se entrevistaron coas testemuñas presentes no lugar.
Os axentes policiais identificaron a seis mozos presentes no recinto feiral no momento dos feitos e, unha vez concluída a investigación, lograron identificar o presunto autor da agresión. Foi finalmente detido o 8 de xullo nas inmediacións da praza de Barcelos. Investígano por un delito de lesións graves.
Segundo o relato do ferido, atopábase na chaira do recinto feiral de Pontevedra en compañía do seu irmán e uns amigos cando se lle achegaron dous individuos e comezaron a insultalos e a ameazalos a eles e á súa familia.
Un destes individuos sacou unha navalla e tratou de agredir ao seu irmán. Nese momento, interpúxose entre ambos e, tras un forcexeo, estes individuos emprenderon a fuxida. Nese momento, decatouse de que estaba a sangrar pola fronte.