"Xoves ao clareo" propón alternativas para a mocidade de Barro
Por Redacción
O concello de Barro programa unhas actividades dirixidas á mocidade baixo o nome "Xoves ao clareo". Un total de seis obradoiros que se desenvolverán no Santo Antoniño os xoves ás 21 horas.
Estas actividades pretenden dar unha alternativa lúdica á mocidade de Barro nos meses de verán. Batuka, elaboración de xeados, patinaxe, coiro, avistamento das Perseidas e estampaxe son os obradoiros dos que poderán gozar.
Os obradoiros vanse celebrar na praza do Centro Cívico de Barro e para partipar deberán inscribirse mediante unha instancia debidamente cumprimentada e enviala a través dun correo electrónico.
Esta primeira edición de "Xoves ao clareo" nace co obxectivo de converterse nunha cita da mocidade de Barro coas noites de verán e como unha alternativa de ocio e lecer no noso concello, xa que a aposta pola dinamización social para todos o segmentos de idade da poboación é unha prioridade para o goberno municipal de Barro.