Localizan nunha zona de difícil acceso o veciño de Marín de 80 anos desaparecido desde o domingo
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un amplo operativo de procura que implicou ás policías Nacional e Local e Protección Civil de Marín despregouse este luns para localizar a Antonio Iglesias Fernández, un veciño desta localidade de 80 anos que desapareceu do seu domicilio. Finalmente, as labores de rastrexo deron os seus froitos e o home foi localizado con vida e consciente nunha zona coñecida como Carballal.
O fillo deste octoxenario denunciou a súa desaparición a media tarde do domingo na Comisaría da Policía Nacional relatando que o seu pai saira do domicilio pola mañá, sobre as 11.00 ou 11.30 horas, coa intención de dar un paseo pola contorna do cemiterio, pero non regresou. No pasado xa se desorientara nunha ocasión, pero volveu por si mesmo á casa.
Este luns púxose en marcha o operativo de procura e pasadas as catro da tarde, cando non pasaran 24 horas da denuncia, foi localizado. Estaba a realizarse unha gran batida centrada en sete zonas e no lugar de Viñas Brancas dous mozos de 14 e 16 anos atopárono.
Son dous mozos que participaban no operativo nese punto xunto coa Policía Nacional e Protección Civil. Segundo informou a Policía Local, atopárono nunha pista forestal na contorna do Carballal, á que accederon en bicicleta, e que se atopa a cerca dun quilómetro da vivenda de Iglesias. Atopándose alí, comezaron a falar e a chamar polo veciño, que finalmente respondeu cando escoitou as voces dos rapaces.
Segundo informan desde o Concello de Marín, mostraba signos de evidente desorientación e de desaliña na súa roupa, que estaba mollada, e non tiña zapatillas. Dado que estaba nunha zona de difícil acceso, todas as persoas implicadas no operativo de procura fixeron unha fila para axudar a levar ao home ata o lugar no que esperaba unha ambulancia. Despois de notificar á familia a aparición, foi trasladado en ambulancia ata o Hospital Montecelo.
No dispositivo de procura participaron cerca de 400 veciños, que peinaron de xeito coordinado sete áreas delimitadas polas que había maiores posibilidades de atopar est veciños. En cada unha desas áreas, había un axente da Policía Local ou da Nacional, tres persoas de Protección Civil e un grupo de entre 25 e 50 voluntarios.
A alcaldesa, María Ramallo, que tamén se trasladou ata a batida acompañada de varios membros do Goberno local, mostrou o seu agradecemento a toda a veciñanza que participo una batida e trasladoulle á familia de 'Cholo' todo o seu apoio e o seu ánimo despois de vivir unha situación tan angustiosa que, afortunadamente, rematou da mellor maneira posible.
Segundo confirmaron fontes oficiais da Policía Nacional, no operativo estaba previsto o despregamento pola tarde axentes e animais da Unidade de Cabalería que se desprazou á provincia a principios de xullo para realizar tarefas de prevención de incendios forestais e garantir a seguridade do Camiño de Santiago. Finalmente, xa non foi necesario, pois foi localizado antes
Desde a mañá deste luns se implicaronn na procura medios aéreos do Indicativo Cóndor da Policía Nacional, que desprazaron un helicóptero e un dron á zona, e tamén efectivos das policías Local e Nacional e Protección Civil.
A procura centrouse na mañá deste luns na zona da Laxe coa hipótese de que o home desaparecido haberíase desorientado ao saír do seu domicilio e podería estar por esa zona.´
A partir das 15.30 horas organizouse unha gran batida pola zona á que se uniron as agrupacións de Protección Civil de Moaña e Cangas e cans especialistas en procura de persoas desaparecidas. Os grupos de voluntarios quedaron no domicilio do desaparecido na avenida República Arxentina e pensaba rastrexar sete zonas, polas que habitualmente pasea.