O aumento de contaxios segue desbocado
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notifica este luns 869 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 83 casos activos máis que onte domingo.
Tan só no concello de Pontevedra hai 211 casos activos, 24 máis que o domingo.
O número de pacientes hospitalizados mantense en doce persoas atendidas na área sanitaria, todos eles no Hospital Montecelo. Oito deles están hospitalizados en planta e outros catro están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).
O resto dos que contraeron o virus atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 14.393 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19.
Durante a pandemia rexistráronse 181 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 259.366, nas últimas 24 horas fixéronse 1.296.
A estas probas súmanse as 90.224 probas de antíxenos e outras 95.717 probas de detección realizadas ata a data.
Para este luns están convocadas 2.550 persoas no Recinto feiral de Pontevedra e outras 1.927 en Fexdega para ser vacinados con AstraZéneca.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.058 deles 957 son da área da Coruña, 467 da de Lugo, 980 da de Ourense, 869 da de Pontevedra, 1.058 da área de Vigo, 535 da de Santiago e 192 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 4.992 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.775 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.240.822.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.106.763.
Relacionadas:
-
A explosión de contaxios chega aos 1.139 pacientes na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Aumenta un 173% o número de probas covid nas farmacias de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A área sanitaria supera o milleiro de infectados sen repercusión nos hospitais
Por Oskar Viéitez |
-
Dous usuarios da Residencia de Maiores de Campolongo dan positivo en coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Máis da metade dos ingresados en UCI teñen 40 anos ou menos
Por Oskar Viéitez |
-
Nas últimas 24 horas producíronse 114 novos contaxios na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
O próximo curso escolar seguirán a máscara e as burbullas estables e permitirase compartir material
Por Oskar Viéitez |
-
Os "treintañeros" pontevedreses vacínanse menos que os seus maiores
Por Oskar Viéitez |